Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2021

Exercicio 2021

Convocatoria de subvencións a entidades de interese social sen ánimo de lucro

Convocatoria específica de subvencións do Concello da Coruña para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas a actividades ou proxectos de interese social. Prazo de presentación de solicitudes desde o 15 de abril ao 14 de maio.

Hoxe publícanse no Boletín Oficial da Provincia as bases para esta convocatoria de subvención, cuxa finalidade é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña, para realizar durante o ano 2021, por entidades de iniciativa social ou agrupacións de persoas, nas condicións que se establecen na Ordenanza xeral de subvencións da Área de Benestar do Concello da Coruña.

Toda a información está no trámite que se relaciona abaixo.

A tramitación a través de Internet só estará habilitada durante o período do prazo de presentación (do 15 de abril ao 14 de maio).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión