3 de febreiro de 2026
Festas e talleres infantís en centros cívicos con motivo do Entroido 2026
Con motivo da celebración do Entroido 2026, organízanse festas e talleres infantís gratuítos nos centros cívicos para menores de 4 a 12 anos.
As inscricións en todas as actividades realizaranse dende o día 4 de febreiro ata o 11 de febreiro (por orde de chegada) nas conserxerías dos centros correspondentes, en horario de apertura e ata completar a capacidade.
A continuación, detállanse os centros cívicos onde se realizarán as festas e talleres de Entroido gratuítos para o Entroido de 2026 cos seus correspondentes horarios, que tamén podedes consultar nos documentos que se achegan:
Festas infantís
Cada festa inclúe animación, xogos colectivos e talleres de globoflexia e pintacaras.
Os/as menores deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta.
O horario é das 17.30 ás 20.30 horas, excepto no C.C. dos Mallos, que será das 16.30 ás 19.30 horas.
Venres 13 de febreiro
Sábado 14 de febreiro
Domingo 15 de febreiro
Luns 16 de febreiro
Talleres infantís
Desenvólvense nos diferentes centros veciñais e no centro O Birloque, entre os días 14 e 16 de febreiro, en horario de mañá ou de tarde.
Sábado 14 de febreiro (horario das 11.00 ás 13:00 horas fóra da Silva, que será das 16.30 ás 18.30 horas)
Domingo 15 de febreiro
Luns 16 de febreiro (horario das 11.00 ás 13.00 horas)
*En todos os talleres realizarase tamén unha pulseira de cores
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible