21 de setembro de 2021
Convocatoria de setembro de 2021
Reclamacións: días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 h e de 16:00 a 18:00 h. Prazo de inscrición: días 24, 27 e 28 de setembro.
Podes consultar as listas de admisións e espera nos documentos que se achegan.
Unha vez comprobada a inclusión na listaxe de persoas admitidas, débese acudir ao centro cívico correspondente a anotarse nas datas e horarios establecidos para todas as actividades. De non ser así, perderase o dereito á praza no club.
Se quedasen prazas vacantes, serán avisadas, telefonicamente e pola orde da lista, as persoas que están en espera.
De acordo coas novas medidas específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG 175 bis, punto 4.4, do venres 10 de setembro de 2021, as actividades socioculturais de tipo grupal, que se levarán a cabo nos centros cívicos municipais, terán unha capacidade de 6 persoas sexan ou non conviventes, sen contar coa monitora ou o monitor.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible