2 de decembro de 2024
Publicación das listaxes de preinscrición de cada centro cívico e de menores con necesidades educativas especiais
Nos documentos que se relacionan abaixo, publícanse as listaxes de preinscricións para os campamentos de Nadal dos centros cívicos.
Todas as nenas e nenos que solicitaron praza pola quenda xeral, tanto no horario ordinario como no ampliado, teñen praza. Nos centros San Pedro de Visma, Feáns,Castro de Elviña e A Silva non houbo o número suficiente de solicitudes para formar grupo. As solicitudes deses centros derivaranse a outros centros próximos nos que se realice campamento. Avisaráselles telefonicamente para que saiban en que centro terán praza.
No caso das solicitudes para nenas e nenos con NEE con necesidade de monitor de apoio, realizarase sorteo, dado o número de solicitudes. Este sorteo farase, como estaba previsto, o día 5 de decembro no centro cívico de Monelos.
No caso de detectar algún erro nestas listaxes, deberase comunicar o día 3 de decembro ao teléfono 695 133 494 de 10.00 a 20.00 horas.
O pagamento farase os días 11, 12, 13 e 14 de decembro desde esta ligazón
En caso de dúbidas coa inscrición e pagamento, pódese chamar a este número de teléfono 600 522 799, cuxo horario de atención durante as datas de inscrición será de 10.00 a 13.30 ou contactar co seguinte correo: vitae.coruna@grupovitae.com
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible