5 de xuño de 2026
O prazo para presentar a documentación requirida é do 8 ao 19 de xuño. ambos os incluídos.
Hoxe publícanse no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2026/2027:
Ambas as listaxes poden consultarse nesta ligazón.
LISTAXE TOTAL SOLICITUDES PRESENTADAS
Listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2026/2027, co codigo de rexistro de entrada ordenado alfabeticamente, a súa data de entrada no Rexistro e co número de expediente que corresponde a cada solicitante.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do Rexistro.
Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en Mesoiro ou María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
LISTAXE DE CORRECCIÓN
Só aparecen neste documento, os expedientes que son obxecto de requirimento de corrección, identificados polo número de expediente.
Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:
A documentación poderase presentar:
Lémbrase que segundo o apartado 1.2 da bases da convocatoria, para o goce das bolsas de comedor escolar en caso de resultar beneficiario/a, é necesario que a persoa beneficiaria realice as xestións oportunas para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal, na modalidade presencial de luns a venres.
O prazo para presentar a documentación requirida é do 8 ao 19 de xuño de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible