Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2026

Publicadas as listas provisionais de solicitudes para os campamentos municipais de verán

Ábrese un período para a presentación de reclamacións, os días 18 e 19 de maio. O sorteo de prazas realizarase o 21 de maio, publicándose a lista de persoas admitidas o 1 de xuño.

O Concello da Coruña publicou hoxe as listaxes provisionais de persoas inscritas para participar nunha nova edición dos campamentos municipais de verán, nas súas oito modalidades.

Fronte á publicación das listas, que se poden consultar a través da páxina coruna.gal/campamentos2026, ábrese un período para a presentación de reclamacións, os días 18 e 19 de maio. Seguidamente, o día 21 de maio, levará a cabo o sorteo de prazas, publicándose a lista definitiva de persoas admitidas o luns 1 de xuño.

Datas importantes a ter en conta

  • Publicación de listaxes provisionais: 15 de maio.
  • Prazo de presentación de reclamacións: 18 e 19 de maio.
  • Sorteo de prazas: 21 de maio.
  • Publicación de listaxes de admitidos/as: 1 de xuño.
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño.
  • Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño.

Toda a información está dispoñible na web municipal, en coruna.gal/campamentos2026 , onde as familias poden consultar as condicións específicas de cada modalidade, idades, quendas, horarios, cotas, servizos dispoñibles e espazos de realización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión