Sensibilización sobre o comercio xusto
Menores entre 6 e 12 anos
Para público en xeral
16/12/2016
Xa rematou
Dende o 05/12/2016 ata o 14/12/2016
18.00 a 19.30 h
Ter entre 6 e 12 anos de idade e inscribirse na conserxería do centro cívico. A admisión será por orde de chegada.
Prazas limitadas.
Este taller de cociña ten o obxectivo de sensibilizar e darlles a coñecer aos menores participantes o significado do comercio xusto e os produtos ecolóxicos.
Achegarase as nenas e nenos a outras formas de consumos máis responsables.
Traballarase o tema de xénero a través dos roles mostrando que esta actividade pódena realizar tanto mulleres coma homes Tamén se concienciará de que, moitas veces, os produtos que consumimos tamén son elaborados por mulleres.
Impartido por persoal da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible