4 de xullo de 2022
A inscrición poderase realizar en liña do 4 ao 11 de xullo
O Concello da Coruña, desde a Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, leva a cabo accións dirixidas a mozos e mozas en centros cívicos, co fin de promover o lecer positivo.
No Centro Cívico de Monte Alto realizarase un obradoiro informativo sobre "Criptomoeda e trading: prevención e riscos", do 14 ao 27 de xullo, os martes e xoves en horario de 17.30 a 19.30 h.
O taller versará sobre contidos básicos relacionados coa criptomoeda e o trading, como "Tecnoloxía Blockchange, coñece os riscos e estafas", concepto bitcoin e fricción, proxecto criptográfico, criptomoeda fraudulenta, tipos de moeda, dilución do diñeiro e o señoreaxe.
A inscrición poderase realizar nesta ligazón, do 4 ao 11 de xullo.
Este obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos e é de carácter gratuíto.
A admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de inscritos para a súa realización.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible