13 de maio de 2014
A Concellería de Servizos Sociais organiza un programa de actos para conmemorar o Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia
O programa municipal LGTB para o ano 2014 da Concellería de Servizos Sociais recolle o conxunto de actividades de sensibilización, dirixidas a toda a cidadanía, co fin de favorecer a visualización da comunidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, garantir e defender os seus dereitos, sempre no ámbito das competencias da administración local.
Unha das accións que o programa municipal LGTB recolle é a conmemoración do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, no mes de maio, que se celebra coa realización de diversos actos na rede de centros cívicos municipais da Concellería de Servizos Sociais.
Os actos do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia 2014 son os seguintes:
Proxección de películas no Centro Cívico de Labañou:
Contacontos sobre familias diversas "E ti cantas nais tes"?
Charla sobre a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.
Impartida por Gonzalo Trenor López, deputado no Parlamento de Galicia.
Todas as actividades teñen carácter gratuíto.
Os requisitos específicos para poder participar poden consultarse no centro cívico no que se realiza a actividade, a través da páxina web de servizos sociais, ou do teléfono de información municipal 010.
Folleto informativo actos do Día Internacional contra a homofobia e a transfobia (13 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible