Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2025

Campamentos tradiciona¡s con pernoctación verán 2025

Para menores nacidos/as do 01/01/2009 ao 31/12/2017

  • PERSOAS DESTINATARIAS

Para menores nacidos/as do 01/01/2009 ao 31/12/2017

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

  • ESPAZO DE REALIZACIÓN

Estación de montaña de Manzaneda (Ourense)

  • QUENDAS

- Quenda 1, do 13 ao 19 de xullo para menores dos 8 aos 11 anos

- Quenda 2, do 20 ao 26 de xullo para menores dos 12 aos 16 anos

- Quenda 3, do 3 ao 9 de agosto para menores dos 8 aos 11 anos

- Quenda 4, do 10 ao 16 de agosto para menores dos 12 aos 16 anos

  • PREINSCRICIÓN

13, 14 e 15 de maio no formulario en liña Preinscrición nos campamentos urbanos de verán

Aquelas personas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición por vía telemática poderán chamar ao número 695 133 494 (tres liñas de atención) en horario ininterrompido das 9.00 ás 20.00 horas.

- Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata dúas quendas de campamento tradicional de pernoctación.

- No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.

- A preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional debe incluír, xunto co formulario, a ficha de Coñecemento personal para menores con diversidade funcional. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

- Os/as menores que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.

- Os irmáns e as irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garante que estean xuntos/as.

- En caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar.

  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS:

23 de maio

  • RECLAMACIÓNS

26 e 27 de maio no número de teléfono 695 133 494 en horario das 9.00 ás 20.00 horas

  • SORTEO DE PRAZAS

29 de maio

  • PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE PERSOAS ADMITIDAS

2 de xuño

  • INSCRICIÓN E PAGO

3, 4, 5 e 6 de xuño

- Número de conta para realizar o pagamento ES95 0049 7796 1426 1000 4476

- O xustificante do pago subirase á web, así como aquela documentación que sexa requirida. As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: campamentoscoruna@osventos.com

- Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

- Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento, excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

  • COTA DE INSCRICIÓN:

85,00 €. A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.

Se se desexa obter factura do pago deberase marcar o cadro correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude

  • TEMÁTICA 2025

"Descubrindo a natureza". Unha semana de convivencia para explorar e conectar co macizo ourensán a través de actividades de biodiversidade e conservación: multiaventura, orientación fotográfica, rocódromo, viaxe en telecadeira pola estación, rutas de sendeirismo etc.

180 prazas totais e 4 prazas para menores con necesidades educativas especiais, repartidas en catro quendas.

  • CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes débense comprometer co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor. É necesario que os/as menores participantes saiban nadar.

Todos os documentos e formularios necesarios atópanse na web Campamentos de Verán 2025

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión