2 de decembro de 2013
Campamentos urbanos de Nadal 2013. Aviso de inicio do período de inscrición de menores participantes.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña informa do inicio do proceso de inscrición de menores de 4 e 12 anos para os Campamentos urbanos de Nadal 2013.
Tras concluírse o proceso de inscrición previa, realizado o sorteo e comprobada a dispoñibilidade de prazas,
a Concellería de Servizos Sociais informa a todas as familias interesadas de que todas/os as/os nenas/os que formalizaron a súa inscrición previa nos Campamentos urbanos de Nadal obtiveron praza, polo que poderán formalizar a INSCRICIÓN a partir da próxima semana nos días, horarios e lugares que se indican a continuación:
Días da inscrición: 13 e 14 de decembro do 2013.
Horario: de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
Lugares para a inscrición: Centros cívicos da Rede de Centros Cívicos Municipais.
As persoas participantes deberán aboar no momento da inscrición 12,00 € de cota por menor participante admitido.
Os campamentos urbanos de Nadal realizaranse os días 23, 26, 27 e 30 de decembro do 2013, e os días 2 e 3 de xaneiro do 2014, en horario de 10.00 a 13.00 horas, nos seguintes centros cívicos municipais:
Para máis información poden consultar na rede de centros cívicos municipais, e no teléfono de información municipal 010.
Tríptico informativo con formulario de preinscripción [versión castellano] (268 KB)
Tríptico informativo con formulario de inscrición previa [versión galego] (1 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible