ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL
- Preinscrición: 15, 16 e 17 de decembro
- Realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario:
Formulario de preinscrición en actividades
. Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h do luns 15 de decembro ata as 23:59 h do mércores 17 de decembro.
- As persoas que non conten con acceso a Internet poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica no número de teléfono 857 890 628 (*) durante as datas de preinscrición sinaladas anteriormente e en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16:00 ás 20:00 h.
- Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
- Toda a programación, detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro premendo na seguinte ligazón
Actividades Convocatoria Xaneiro 2026
.
- Cando se realice a preinscrición, á hora de cubrir o formulario, deberá escoller o método de pago: en liña (con tarxeta de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).
(*) Este teléfono non é un número de atención e información sobre as actividades programadas, neste teléfono unicamente se recollerá a información necesaria para formalizar a preinscrición.
- Publicación das listaxes provisionais de preinscricións:
- 26 de decembro. As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono 010.
- Reclamacións ás listaxes de preinscricións:
- 29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
- As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
- Sorteo:
- 30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
- Publicación das listaxes de admisións e de espera
- 13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010. Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.
- Xestión lista de espera
- As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxería do centro cívico correspondente a partir do 22 de xaneiro.
- As persoas admitidas, a partir da listas de espera, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pago establecido anteriormente.
- Data de inicio e fin de actividades
- A partir do 26 de xaneiro ata o 13 de xuño.
- Información importante
- Cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a preinscrición) á clasificación será: Infancia de 4 a 12 anos, Mocidade de 13 a 17 anos, Interxeracional a partir de 18 anos e Maiores a partir de 65 anos.
- Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis ou horario (iniciación ou perfeccionamento, grupo 1 ou grupo 2, mañá ou tarde etc.,) considéranse unha mesma actividade, e só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.
- As actividades que teñan nivel Iniciación están destinadas unicamente para aquelas persoas que non contan con coñecementos previos no que á actividade se refire, é dicir, que se inician na actividade.
- Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
CLUBS, actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias
- Preinscrición
- 15, 16 e 17 de decembro.
- As preinscricións realizaranse de maneira presencial nas conserxerías dos centros nos que se imparte o club, en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
- Publicación das listaxes provisionais de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos
- Reclamacións ás listaxes de preinscricións
- 29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
- As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
- Sorteo
- 30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
- Publicación das listaxes de admisións e de espera
- 13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010.
- Prazo de inscrición
- Do 14 ao 18 de xaneiro.
- As persoas admitidas nos clubs, CONFIRMARÁN A PRAZA (de maneira presencial ou por teléfono) no centro cívico onde resultaron admitidas.