Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de decembro de 2015

Fallo da V edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña fallou a V Edición do concurso de viñetas: Sen adiccións...un bo plan, para a promoción do lecer saudable en mozos/as.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña fallou a V Edición do concurso de viñetas: “Sen adiccións...un bo plan”, para a promoción do lecer saudable en mozos/as. A temática que se abordou nesta edición foi,  para a categoría 1 (alumnos de 1º e 2º de ESO) “Lecer saudable… un bo plan” e para a categoría 2 (alumnos de 3º e 4º de ESO) “Sen alcol e outras adiccións…un bo plan”

Os premios serán entregados aos premiados e aos seus respectivos centros escolares, o día 14 de decembro ás 11:00 horas no Concello da Coruña pola Concelleira de Xustiza Social e Coidados,  Silvia Cameán.

O xurado da V Edición do concurso de viñetas “Sen adicción…un bo plan”, para promoción do lecer saudable en mozos/as, composto por:

  • Silvia Cameán Calvete, Concelleira de Xustiza Social e Coidados.
  • Carmen Villar Cures, Asesora técnica da Concellería de Xustiza Social e Coidados
  • Regra Dávila Caballero, Directora de programas
  • Rocío Pena Franco, Técnico medio de apoio social
  • Teresa González García, Técnico superior

Reunido o día 2 de decembro ás 13:00 h,  procedeu a valoración das viñetas presentadas polo alumnado de centros escolares da cidade, e fallou como premiadas as viñetas deseñadas polas seguintes participantes e os seus centros escolares:

Categoría 1 (mozas e mozos que cursan 1º e 2º de ESO): Antía Pardo López, de doce anos, que cursa 1º de ESO no CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco da Coruña.

Na súa viñeta expresa de forma dual, que a diversión e un “bo plan” non ten porqué ir ligado ao uso de redes sociais ou elementos electrónicos que usados incorrectamente poden crear condutas adictivas, senón que levando a cabo outras actividades e hábitos tamén pode haber un bo plan.

 Categoría 2 (mozas e mozos que cursan 3º e 4º de ESO):

 David Pérez Praza, de 14 anos, que curso 3º de ESO no IES. Eusebio da Garda.

No traballo presentado, o autor respecta o deseño da viñeta clásica, expresando nun golpe visual o significado do que quere reflectir nela, esquematizando a formulación da idea dunha forma directa, acompañándoa de dúas frases simples que complementan a viñeta e  que sintetiza a temática do concurso.

Así mesmo, ante a calidade -tanto na forma como no contido- de todas as viñetas presentadas,  o xurado decidiu premiar cun accésit, en ambas as categorías, as viñetas dos seguintes participantes e centros escolares:

 Accesit categoría 1 (mozas e mozos que cursan 1º e 2º de ESO):

 Xullo García Tenorio, que cursa 1º de ESO no Colexio Santo Domingo da Coruña.

Na súa viñeta expresa, de forma humorística e expresiva, os prexuízos do consumo do tabaco e o beneficio de elixir unha vida máis sa.

Accesit categoría 2 (mozas e mozos que cursan 3º e 4º de ESO):

Mariña Aradas Cedeira, de 15 anos, que cursa 4º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

Na súa viñeta reflicte de forma visual o rexeitamento ás adiccións e a elección de hábitos saudables como alternativa para un bo plan. Utiliza varias técnicas artísticas na propia viñeta e penétrase no deseño en varias dimensións.

As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poderán ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención que leven a cabo, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Xustiza Social e Coidados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión