7 de marzo de 2023
O Concello da Coruña abre desde o mércores 8 de marzo unha nova sala de estudo no centro cívico Artesáns, que estará operativa de luns a domingo en horario de mañá e tarde.
O Concello da Coruña abre unha nova sala de estudo no centro cívico Artesáns desde o día 8 de marzo. A sala estará en funcionamento de luns a domingo, en horario de mañá e tarde de 09.00 a 22.00 h, cunha hora de peche desde as 14.30 ás 15.30 h. para ventilar e limpar o espazo.
Esta nova sala de estudo, froito dun acordo de colaboración entre o Goberno municipal e a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesáns, está situada no segundo andar do centro cívico, situado na céntrica rúa San Andrés da nosa cidade. Ten unha superficie de 237 metros cadrados, que incrementan os espazos dispoñibles para as/os estudantes na zona centro da cidade, cun horario efectivo máis amplo e tamén con operatividade durante os fins de semana. Destacamos que a sala está equipada con cargadores eléctricos para facilitar o uso dos dispositivos informáticos.
A instalación estará dispoñible para o uso da cidadanía durante todo o ano, fóra dos días festivos nacionais, autonómicos e locais, o sábado e o domingo da Semana Santa e os días 24 e 31 de decembro, no contexto das festas de Nadal.
Horario de luns a domingo de 09.00 a 14.30 e de 15.30 a 22.00 horas
Teléfono 981 184 366
Centro Cívico Artesáns. Rúa San Andrés 36, 2º. 15003 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible