25 de setembro de 2026
Destinadas a entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades ou proxectos de interese social durante o ano 2026
O venres, 25 de setembro, publicouse no taboleiro de anuncios e edictos a proposta de resolución definitiva da convocatoria de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades ou proxectos de interese social durante o ano 2026.
Ábrese un prazo de 10 días hábiles co fin de que as entidades beneficiarias, de acordo coa base 14.4., comuniquen a súa aceptación ou renuncia á subvención concedida. O prazo para presentar a aceptación ou renuncia é desde o 28 de setembro ao 13 de outubro 2026, ambos incluídos.
Transcorrido este prazo sen producirse a aceptación expresa, a subvención entenderase tacitamente aceptada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible