17 de outubro de 2024
Os obradoiros son gratuítos e están dirixidos a menores de 4 a 12 anos
Mañá, día 18 de outubro, nos centros cívicos municipais abrirase o prazo de inscrición para anotarse ás actividades infantís para menores de 4 a 12 anos, con motivo do Samaín 2024.
Nos centros máis grandes terán lugar festas temáticas de Samaín, ás que os nenos e nenas poderán asistir con disfraces.
Nos centros cívicos con menor capacidade levaranse a cabo talleres terroríficos relacionados co Samaín.
As actividades comezarán o venres 25 e finalizarán o día 30 de outubro. Programaranse nun total de 21 centros cívicos en diferentes horarios, que se poden consultar nos documentos que se achegan con esta noticia e no menú desta web en Actividades.
Todas as festas e obradoiros son gratuítos. As prazas cubriranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar o capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible