Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2024

Obradoiros gratuítos para a mocidade

A inscrición é en liña. Inscríbete xa!

O Concello da Coruña, desde a Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade vai levar a cabo varias actividades dirixidas á mocidade co fin de promover o lecer positivo.

As actividades que se van levar a cabo, e que son gratuítas para quen participe, son:

BAUTISMO DE SURF na praia de Orzán (12 a 17 anos). Día: 23 de agosto de 10.00 h a 13.00 h (Inclúe transporte. Punto de encontro a confirmar aos/ás participantes). Finaliza a inscrición o 21 de agosto.

INICIACIÓN AO PADDLE SURF na praia de Santa Cristina (12 a 17 anos). Día: 26 de agosto de 10.00 h a 13.00 h (inclúe transporte. Punto de encontro a confirmar aos/ás participantes). Finaliza a inscrición o 22 de agosto.

PADDLE SURF EXPERIENCE (nivel iniciación) na praia de Santa Cristina (18 a 30 anos). Día 28 de agosto de 10.00 h a 13.00 h (inclúe transporte, punto de encontro a confirmar aos/ás participantes). Finaliza a inscrición o 23 de agosto.

SKATE EXPERIENCE (nivel iniciación) na pista do parque de Eirís (12 a 17 anos). Día 29 e 30 de agosto de 16.30 h a 19.30 h (punto de encontro CC Castrillón o día 29 ás 16.30 h) Se non tes táboa, facilitámosche unha durante a actividade. Finaliza a inscrición o 26 de agosto.

MULTIAVENTURA: ORIENTACIÓN E SUPERVIVENCIA no Monte de San Pedro (12 a 17 anos). Días 26, 27, 28, 29 de agosto de 10.00 h a 11.30 h. Punto de encontro CC Os Rosales. O día 30 de agosto realizarase unha xornada de supervivencia en Ledoño (instalacións adaptadas para os menores) de 10.10 a 13.50 h. Transporte incluído. Finaliza a inscrición o 22 de agosto.

A inscrición será en liña, a través desta ligazón

Prazas limitadas. A admisión será por orde de inscrición e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a realización da actividade. Confirmarase a admisión antes do inicio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión