Concello da Coruña

Concello da Coruña

Accións educativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Promove a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes e condutas conducentes á igualdade de trato e de oportunidades entre ambos os sexos, así como a concienciación e o desenvolvemento dunha actitude analítica fronte á violencia de xénero.

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de centros educativos públicos, privados e concertados do termo municipal da Coruña (niveis de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos de formación profesional).

Outros centros educativos que traballen con infancia, poboación adolescente e nova.

Organiza:

Dependendo do servizo prestado, trabállase con entidades sociais ou empresas especializadas.

Requisitos:

No caso dos centros educativos do termo municipal da Coruña. poderán acceder cumprimentando as fichas de inscrición específicas aloxadas na web educativa www.edu.coruna.es, habilitada polo Servizo Municipal de Educación.

As fichas mencionadas concretan os talleres e niveis educativos aos que van dirixidos.

Prazo de presentación:

O prazo de inscrición: entre mediados do mes de setembro e mediados do mes de outubro.

Remuneración / Custo:

      Comprende dous tipos de actuacións:

      • talleres dirixidos á poboación infantil, adolescente e nova:
          • educación para a igualdade e a convivencia "diferentes pero iguais" (dirixido a educación primaria).
          • educación para a igualdade na preadolescencia " catro does para a igualdade" (dirixido a educación primaria).
          • prevención da violencia de xénero "somos dous" (dirixido á ESO).
          • convivir sen violencia (dirixido a bacharelato). Realízase en colaboración coa Policía Nacional.
        • orientación ao profesorado/departamento de orientación no desenvolvemento de estratexias metodolóxicas que apoien o seu labor educativo nesta materia con carácter transversal

          Máis información:

          O departamento de servizos sociais/igualdade, contactará directamente co centro educativo para axustar a proposta educativa e planificar conjuntamento a calendarización no trimestre seleccionado.

          Os centros ou entidades educativas que traballen directamente con poboación adolescente ou moza que queiran acceder a algún dos talleres ou sesións formativas ofertadas nesta prestación e non poidan acceder ás mesmas a través da web educativa, poderán contactar directamente co Centro de información ás Mulleres (CIM Coruña).

          Noticias

          Prestacións

          Subscrición ao boletín de actividades

          Novidades

          Novidades

          Que che parece esta sección?

          -101-101-101

          Síguenos en

          Tes un navegador demasiado antigo!

          Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

          Iniciar sesión