Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actividades de conciliación, corresponsabilidade e sensibilización en materia de igualdade

Fomentan a distribución equilibrada - entre mulleres e homes - dos tempos dedicados a tarefas da vida persoal, familiar e laboral e mobilizan a concienciación cidadá en aspectos relacionados coa igualdade efectiva entre mulleres e homes e en materia de prevención de violencias de xénero.

A quen vai dirixido?:

Cidadanía coruñesa en xeral, organizada (entidades/axentes sociais) e non organizada.

Organiza:

Dependendo das actividades poderán participar no seu desenvolvemento profesionais de entidades sociais/empresas.

Remuneración / Dotación:

Contempla as seguintes actuacións:

  • Actuacións puntuais de promoción da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e de promoción da corresponsabilidade. Materialízanse en charlas, coloquios, foros de debate, exposicións, obradoiros e na elaboración, distribución e traballo sobre materiais didácticos específicos.
  • Actuacións periódicas de concienciación cidadá en aspectos relacionados coa igualdade e as violencias de xénero. Materialízanse na elaboración, distribución e traballo sobre materiais (específicos e accesibles) de elaboración propia, divulgación dos recursos e servizos existentes e no deseño e desenvolvemento de campañas conmemorativas de datas emblemáticas.

Máis información:

Entre as campañas conmemorativas mencionadas, destacar as seguintes:

  • Campaña conmemorativa do día internacional das mulleres (8 de marzo).
  • Campaña conmemorativa do día internacional contra a explotación sexual e comercio de persoas (23 de setembro).
  • Campaña conmemorativa do día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Cada campaña comprende un conxunto organizado de actividades en función dos obxectivos e do público obxectivo. A súa duración varía entre unha e tres semanas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión