Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas para promover o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes

O obxecto desta convocatoria de axudas económicas é promover o benestar e o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes sufragando gastos realizados no 2022 de respiro familiar e outros destinados directamente ao benestar da persoa coidadora.

A quen vai dirixido?:

A persoas coidadoras de persoas dependentes que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal na súa modalidade de dependencia.

Ademais, a persoa deberá:

  • Dispoñer de DNI/ NIE.
  • Estar empadroado/a en o Concello da Coruña no mesmo domicilio que a persoa dependente á que se refiren os coidados.
  • Estar ao corrente das súas obrigas fiscais e tributarias.

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar social e Participación. Programa municipal de traballo con familias.

Requisitos:

Requisitos para ter a condición de persoa beneficiaria:

a) Ter a condición de persoas coidadoras de persoas dependentes que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

b) Dispoñer de DNI ou NIE.

c) Figurar empadroada no concello da Coruña no mesmo domicilio que a persoa dependente á que se refiren os coidados, segundo o sinalado no apartado anterior a) deste artigo.

d) Atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Prazo de presentación:

O prazo para a solicitude da axuda será do 1/07/2022 ao 16 /09/2022.

Remuneración / Dotación:

Importe e gastos subvencionables:

As axudas terán un importe máximo de 500,00 euros e deberán destinarse ao pagamento dos seguintes gastos:

  1. En horas de servizo de axuda a domicilio a través de empresas autorizadas para que atendan á persoa dependente que coido e así ter un respiro.
  2. No pagamento de servizos destinados a autocoidado da persoa coidadora como: fisioterapia, terapia psicolóxica, formación para o coidado de persoas dependentes, participación en terapias de grupo ou en grupos de autoaxuda, ximnasia, natación terapéutica, ioga, pilates, tai-chi, ou calquera actividade deportiva ou lúdica que teña como finalidade promover o movemento e o exercicio físico da persoa coidadora...

CANLES DE SOLICITUDE

  • De forma presencial nos Rexistros Municipais que se poden ver máis abaixo, en entidades relacionadas.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
  • A través do rexistro telemático que aparece abaixo en ligazóns de interese, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información:

Pagamento da axuda:

A axuda aboarase inmediantamente despois da concesión, quedando obrigada a persoa beneficiaria a xustificar os gastos antes do 31 de xaneiro de 2023. Para iso, deberá presentarse no rexistro municipal, o anexo III debidamente cuberto e acompañado dos xustificantes de gasto (facturas ou documentos equivalentes) e a acreditación do pagamento de cada un dos gastos.

Tamén che pode interesar

  • Convocatoria de axudas para persoas coidadoras galego (779 KB)
  • Convocatoria de axudas para persoas coidadoras castelán (945 KB)
  • Solicitude_axudas_promover_benestar_coidadores_campos (168 KB)
  • Anexo I Axudas económicas para promover o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes (381 KB)
  • Anexo II Axudas económicas para promover o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes (121 KB)
  • Anexo III Axudas económicas para promover o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes (288 KB)
  • Ficha IBAN_alta terceiros (520 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión