Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Espazos de atención á infancia

Os espazos de atención á infancia son lugares onde se lles proporciona aos menores e ás menores, de modo non regular, acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, é dicir, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo libre.

A quen vai dirixido?:

  • Unidades familiares con problemáticas asociadas á conciliación.
  • Menores de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Organizador:

Contratista adxudicatario do servizo

Requisitos:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Estar empadroado ou empadroada no termo municipal da Coruña.
  • Que se cumpra algunha das seguintes casuísticas: por motivacións laborais, participación en cursos de formación para o emprego, realización de entrevistas de traballo, períodos de proba profesionais, situacións puntuais de emerxencia familiar. Estas casuísticas deberán ser acreditadas.

Tamén se valorarán as seguintes demandas:

  • Que o/a menor estea cursando estudos nun centro de ensino domiciliado no termo municipal da Coruña.
  • Que o/a responsable do/a menor realice a súa actividade profesional nun centro de traballo domiciliado no termo municipal da Coruña.

Prazo de presentación:

Todo o ano (salvo fins de semana e festivos).

En períodos vacacionais abrirase un período de inscrición previa cun mínimo de quince días antes das vacacións escolares.

Reserva de praza: no teléfono 981 184 356.

Remuneración / Dotación:

O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación persoal, familiar e laboral das súas respectivas unidades familiares.

As tarefas organízanse en varios bloques: xogo libre, xogo dirixido (realización de talleres, actividades de animación sociocultural…), apoio ao estudo (realización de tarefas escolares e aprendizaxe de técnicas específicas de estudo).

Ao mesmo tempo, as tarefas realizadas fomentan tanto de modo específico como transversal a educación para a igualdade.

Duración: realízase con carácter anual (salvo fins de semana e festivos) en horario de tarde durante o curso escolar.

En períodos vacacionais (exceptuando na actualidade, Entroido) o horario dos espazos varía para favorecer a conciliación das unidades familiares (con carácter xeral realízase en horario de mañás).

Máis información:

Na actualidade, cada menor pode facer uso dos diferentes espazos de atención á infancia un máximo de 40 horas ao mes.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión