Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de maio de 2020

As actividades socioculturais dos centros cívicos municipais superan as 70.000 visitas na canle “Coruña Acompaña” de Youtube

Os e as profesionais dos centros cívicos levan subido máis de 500 vídeos nesta modalidade telemática, que poden desfrutar tanto as persoas inscritas como as non inscritas ao tratarse dunha canle aberta

Desde que se iniciou o Estado de Alarma, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon a disposición da cidadanía en Internet o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos, un referente na dinamización sociocultural da veciñanza e os barrios da cidade á que o concello lle deu unha volta co fin de seguir trazando unha rede en liña e evitar agravantes entre as persoas que están sen compaña nestas semanas de confinamento. Estas actividades en liña recibiron ata o día de hoxe máis de 70.000 visitas de usuarios e usuarias da rede, que desfrutaron este programa a través da canle de YouTube "Coruña Acompaña", que xa conta con 1.110 suscritores e suscritoras.

Nesta modalidade telemática, os e as profesionais dos centros cívicos suben á rede sesións de continuidade das actividades que comezaran no mes de xaneiro, podendo desfrutar destas tanto as persoas inscritas como as non inscritas xa que a canle é aberta. Ata o momento xa se subiron máis de 500 vídeos.

A Concellería de Benestar Social tamén emprega unha canle de difusión vía SMS para actualizar información semanalmente ás persoas usuarias. Ao mesmo tempo, as actividades e modalidades vanse ampliando paulatinamente en función da súa demanda.

Ademais, as persoas dinamizadoras dos centros cívicos levan contactando por teléfono desde hai semanas con todas as persoas inscritas nas actividades para informarlles desta iniciativa e para ofrecerlles ás persoas inscritas nas actividades de Cultura Xeral e Memoria o servizo de entrega a domicilio dos materiais complementarios que os e as profesores/as propóñenlles imprimir nos vídeos da canle de Youtube. Estas actividades repártense ás persoas usuarias todos os martes a través do Dispositivo especial de voluntariado do concello.

Canto aos nenos e nenas das actividades infantís, contactóuselles a todos por teléfono para ofrecerlles o servizo de entrega a domicilio de material: 140 crianzas pediron que se lles achegaran recursos á casa. A maioría destes nenos e nenas están inscritos nas clases de reforzo educativo, que ademais son actividades que contan cun novo sistema de resolución de dúbidas por videoconferencia para que o alumnado poida preguntarlle ao profesorado todas as cuestións pendentes pola vía telemática.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión