Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2020

Aviso sobre prazos para as Bolsas comedor 2020-2021

O prazo de presentación de solicitudes queda aprazado

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 53 do venres 20 de marzo de 2020 publicouse a convocatoria para a concesión das bolsas de comedor para o curso 2020/2021. Esta convocatoria establece un prazo de 10 días hábiles para que as persoas interesadas presenten as solicitudes.

Debido á situación creada pola pandemia do COVID-19, o Real decreto lei 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece na súa disposición adicional terceira a suspensión de termos e interrupción de prazos para a tramitación de procedementos para as entidades do sector público. Desta forma, o prazo para a presentación de solicitudes de bolsa de comedor queda interrompido ata a finalización deste estado de alarma, circunstancia que será obxecto da publicación oportuna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión