Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2023

Axudas económicas para persoas coidadoras

Convocatoria 2023. Solicitudes desde o 19 de abril ao 15 de setembro

Hoxe publícanse na Sede electrónica municipal as  Axudas económicas para persoas coidadoras  da convocatoria 2023. Son axudas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar social e autocoidado das persoas coidadoras. Publicouse tamén o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Mediante este procedemento convócanse e adxudícanse axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar e o autocoidado das persoas coidadoras de persoas dependentes, que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo municipal de axuda no fogar, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

As axudas, de carácter individual, consistirán nunha achega económica que será, como máximo, de 500 euros para cada persoa beneficiaria, a condición de que esta cumpra os requisitos establecidos, como, por exemplo, que a persoa solicitante estea empadroada no termo municipal no mesmo domicilio que a persoa dependente que recibe os coidados.

Ademais, tamén será imprescindible estar ao corrente dos deberes fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), o Concello da Coruña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Toda a información da convocatoria atópase na primeira ligazón desta noticia, referido á Sede electrónica do Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión