"Catro" é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia, dentro da triloxía dedicada ás formas, que comezou con "Redondo"
De 6 meses a 3 anos
Familias, Infancia
Dende o 12/09/2020 ata o 13/09/2020
Xa rematou
* sábado ás 18.00 h
* domingo ás 11.30 e 13.00 h
30 minutos
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 euros.
* Capacidade moi reducida
* Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, cos sons, coas texturas, co movemento...
Catro lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...
"Catro" é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia coa danza como linguaxe, como canle de coñecemento.
Autoría e dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Intérprete: Laura Sarasola
"CATRO" ESTREARASE EN BEBESCENA
Venda de billetes
* Despacho de billetes do Ágora: aberto só os días de función, desde unha hora antes.
* Venda por unidade familiar. Mínimo 2 persoas máximo 4.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible