8 de agosto de 2022
Proposta definitiva
No Taboleiro de anuncios e Edictos do Concello da Coruña publicouse, con data 09/08/2022, o anuncio relativo á proposta de resolución definitiva de concesión de axudas para o pago de comedores escolares 2022/2023, ao que se achega a listaxe de axudas concedidas, denegadas ( xunto co motivo de denegación), as non admitidas a trámite e as axudas que foron obxecto de desistencia polas persoas solicitantes.
A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento (identificador do rexistro da solicitude)
Lémbrase que para a concesión da axuda, a solicitude debe ter unha puntuación mínima de 10 puntos na columna "TOTAL", individualizándose a puntuación relativa a cada apartado na columna correspondente:
As persoas beneficiarias que desexen renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 10/08/2022 ao 24/08/2022. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptar a axuda concedida.
Finalizado o prazo para a aceptación ou renuncia da axuda proposta, a Concelleira delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación resolverá a convocatoria de concesión de axudas económicas para o pago de comedores escolares para o curso escolar 2022/2023. Esta resolución será obxecto de notificación colectiva novamente no Taboleiro de anuncios e edictos municipal, publicándose adicionalmente na páxina web e no teléfono de información cidadá 010.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible