Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de maio de 2020

Bolsas de comedor curso 2020/2021. Novidades e prazos

Novidades e prazos para solicitar as bolsas de comedores escolares

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do estado de alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, o prazo de 10 días para presentar a solicitude quedou suspendido. Iníciase agora, o vindeiro luns 1 de xuño de 2020.

O prazo é de 10 días hábiles, é dicir, do 1 ao 12 de xuño, ambos incluídos. En todo caso, se as circunstancias o requiren e para facilitar ao máximo o proceso de solicitude, propoñerase a ampliación do prazo para a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local, o que se informará oportunamente polos medios habituais.

Novidade do 3 de xuño: o prazo ampliouse ata o 30 de xuño.

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

Novidades con respecto á convocatoria do curso anterior:

1. Nesta convocatoria, a solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso o/a alumno/a que efectivamente use o comedor escolar.

Na maior parte dos casos, dado que a persoa beneficiaria é menor de idade, deberá figurar unha das persoas proxenitoras/titoras/gardadoras como representante legal. Igualmente, as persoas proxenitoras ou que ostenten a custodia ou garda legal, deberán cubrir o anexo IV cos seus datos completos.

Este anexo IV permite, ao mesmo tempo, a oposición destas persoas á consulta dos datos necesarios para valorar a solicitude de bolsa comedor. Só no caso de que non se autorice esta consulta deberá sinalar a súa oposición no recadro correspondente. A autorización para a consulta dos datos da persoa menor de idade enténdese outorgada coa presentación da solicitude, só se deberá marcar o recadro correspondente na folla de solicitude no caso de opoñerse a esta consulta.

2. Por primeira vez a bolsa comedor abarca os períodos non lectivos de Nadal 2020 e verán do 2021.

3. O impreso de solicitude desta convocatoria inclúe cambios en canto ao formato e á información que recolle. Este impreso deberá presentarse sempre xunto coa seguinte documentación:

a. Anexo I debidamente cuberto

b. Anexo II debidamente cuberto

c. Anexo III debidamente cuberto

d. Anexo IV debidamente cuberto

e. Anexo V debidamente cuberto

f. Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal.

g. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.

h. Certificado escolar, ou copia da matrícula ou folla de solicitude desta.

i. No caso de opoñerse á consulta de datos, deberá achegarse a solicitude dos documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.

4. Este ano non será necesario presentar o documento de aceptación con posterioridade á concesión. Previamente á resolución, que poña fin ao procedemento de concesión de bolsas de comedor, mediante unha proposta de resolución definitiva darase un prazo de 10 días para presentar a aceptación ou renuncia da bolsa de comedor, e entenderase que de non renunciar, acéptase.

5. A solicitude contén un apartado específico onde se poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Deberanse achegar os documentos que o acrediten e que se enumeran na base 10.3 da convocatoria.

É importante cubrir con exactitude este apartado específico, xa que non se valorará ningunha circunstancia alegada con posterioridade. Nos períodos que o procedemento establece para a corrección da solicitude, así como no prazo sinalado para presentar as alegacións, non se poderán instar novas circunstancias que afecten a esta valoración.

6. As persoas beneficiarias que pertenzan a unidades familiares que sexan preceptoras de RISGA ou Renda Social Municipal terán automaticamente a máxima puntuación no relativo á valoración económica. En todo caso, deberán cumprir igualmente os requisitos xerais esixidos para obter a bolsa de comedor.

7. Para aclarar dúbidas sobre a solicitude chamarase ao 010 e indicarase un teléfono de contacto. Desde o 010 trasladarano a Benestar Social, quen contactará telefonicamente para solucionalas.

8. Para unha maior axilidade no procedemento, recoméndase realizar a inscrición a través da sede electrónica.

9. Estas indicacións teñen exclusivamente un carácter informativo e non substitúen, de ningún xeito, o establecido nas bases reguladoras da convocatoria. Con este fin, recoméndase encarecidamente ler as devanditas bases reguladoras, especialmente para aquelas situacións específicas.

Documentos:

Solicitude (116 KB)

Anexos (60 KB)

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión