Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2023

Campamentos de día. Verán 2023

Para nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2019. A preinscrición será preferentemente en liña os días 22, 23 e 24 de maio

CAMPAMENTOS DE DÍA

Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio

*Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamentos de día.

**No momento no que se formalice a preinscrición, a persoa interesada recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.

***A preinscrición das e dos menores que soliciten praza de diversidade funcional irá acompañada dunha ficha de Coñecemento persoal para menores con diversidade funcional Esta ficha permitiralles ás monitoras e monitores coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

****Os nenos e as nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio, que se realizará no Centro Cívico Monelos.

A preinscrición realizarase en liña no seguinte formulario: Preinscrición en campamentos de día de verán

Publicación das listaxes de preinscricións: 29 de maio

*****As listaxes poderán consultarse nesta mesma web, en https://coruna.gal/campamentos2023,  así como no 010 ou nos centros cívicos.

Reclamacións: 30 e 31 de maio chamando ao núm. de teléfono 604 259 167 en horario das 9.30 ás 19.30 h

Sorteo das prazas: 1 de xuño ás 10.00 h

Publicación de listas de admisións: 6 de xuño nesta mesma web, en https://coruna.gal/campamentos2023 , no 010 e nos centros cívicos municipais.

Inscrición e aboamento de 85 euros: 7, 8 e 9 de xuño no número de conta ES73 2080 0065 3530 4001 2010Unha vez realizado o pago do campamento débese enviar o xustificante a través deste formulario: Envío de autorizacións e xustificante de pago para o campamento de día de verán

No caso de ter feito a preinscrición telefonicamente e aparecer na lista de admisións, para formalizar a inscrición enviarase o xustificante de pago por correo electrónico a: coordinacion@moveservicios.es

No caso de prazas vacantes, faranse as chamadas a quen quedase en lista de espera a partir do 13 de xuño.

*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza. Requírese un número mínimo de 9 participantes por grupo.

**Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

***Para aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición e inscrición por vía telemática, facilítanse os seguintes números de teléfono aos que haberá que chamar entre as 9.00 e as 20.00 h:

  • 604 854 108
  • 634 093 865
  • 611 270 088

Darase información a partir do día 7 de xuño no número de teléfono 604 049 887 en horario das 9.30 ás 20.00 h de luns a venres.

PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nados entre o 1/01/2011 e o 31/12/2019

*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitoras e monitores de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

**Existe reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

QUENDAS

1.ª quenda: do 3 ao 14 de xullo 2023

2.ª quenda: do 17 ao 31 de xullo de 2023

3.ª quenda: do 1 ao 15 de agosto de 2023

4.ª quenda: do 16 ao 31 de agosto de 2023

HORARIO

De luns a venres das 10.00 ás 18.00 horas

*Os días festivos non haberá campamento.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Os campamentos de día serán no Colexio Calasanz da Coruña. Haberá transporte gratuíto.

COTA DE INSCRICIÓN

85 euros

ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBRIGA DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/da menor.

Envío de autorizacións e xustificante de pago para o campamento de día de verán

Documentos:

Folleto dos campamentos de día (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión