Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2023

Campamentos urbanos nos centros cívicos. Verán 2023

Para nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2019. A preinscrición será preferentemente en liña os días 22, 23 e 24 de maio

CAMPAMENTOS URBANOS

Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio

*Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento urbano, no mesmo centro cívico ou en centros cívicos diferentes.

**Non se poden solicitar as mesmas quendas en centros cívicos diferentes.

***No caso de detectárense as mesmas peticións para un/unha mesmo/a menor en varios centros cívicos, anularánselle todas.

****No momento no que se formalice a preinscrición, a persoa interesada recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.

*****A preinscrición das e dos menores que soliciten praza de diversidade funcional irá acompañada dunha ficha de   Coñecemento persoal para menores con diversidade funcional . Esta ficha permitiralles ás monitoras e aos monitores coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

******Os nenos e as nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio que se realizará no Centro Cívico Monelos.

A preinscrición realizarase en liña no seguinte formulario: Preinscrición nos campamentos urbanos de verán

Publicación de listas de preinscricións: 29 de maio

*****As listaxes poderanse consultar nesta mesma web e en https://www.coruna.gal/campamentos2023, así como no 010 ou nos centros cívicos.

Reclamacións: 30 e 31 de maio chamando ao núm. de teléfono 604 259 167 en horario das 9.30 ás 19.30 horas.

Sorteo das prazas: 1 de xuño ás 10.00 h

Publicación de listas de admisións: 6 de xuño nesta mesma web, en https://www.coruna.gal/campamentos2023 , no 010 e nos centros cívicos municipais.

Inscrición e aboamento de 26 euros: 7, 8 e 9 de xuño no número de conta ES60 0238 8125 5206 0272 8953. Unha vez realizado o pago de campamento urbano débese enviar a través deste formulario: Envío de xustificante de pago dos campamentos

No caso de prazas vacantes, chamarase a quen quedase na lista de espera a partir do 13 de xuño.

*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza. Requírese un número mínimo de 9 participantes por grupo.

**Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

***Para aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición por vía telemática, facilítanse os seguintes números de teléfono en horario das 9.00 ás 20.00 horas:

  • 604 854 108
  • 634 093 865
  • 611 270 088

No caso de ter feito a preinscrición telefonicamente e aparecer na listaxe de admisións, para formalizar a inscrición enviarase o xustificante de pago por correo electrónico a campamentos@serviplus.org

Información a partir do día 7 de xuño no teléfono 604 259 167 en horario das 9.30 ás 20.00 horas de luns a venres

PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nados entre o 01/01/2011 e o 31/12/2019

*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitoras e monitores de apoio que non realizarán tarefas de carácter sanitario.

**Existe reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

QUENDAS

1.ª quenda: do 3 ao 14 de xullo 2023

2.ª quenda: do 17 ao 31 de xullo de 2023

3.ª quenda: do 1 ao 15 de agosto de 2023

4.ª quenda: do 16 ao 31 de agosto de 2023

5.ª quenda: do 1 a 8 de setembro de 2023

HORARIO

Xeral: de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h

Ampliado: de luns a venres das 09.00 ás 14.30 h

*Os días festivos non haberá campamento.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Os campamentos urbanos serán nos centros cívicos.

En horario xeral e ampliado en todas as quincenas nos seguintes centros cívicos: Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego.

En horario xeral e só nas dúas quincenas do mes de xullo nos seguintes centros cívicos: Feáns, San Pedro de Visma, Santa Margarida, A Silva, Artesáns, Sagrada Familia, Santa Lucía e Pescadores.

COTA DE INSCRICIÓN

26,00 € para horario xeral

32,00 € para horario ampliado

ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBRIGA DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor. Envío de xustificante de pago dos campamentos

Documentos:

Programación temática dos campamentos urbanos segundo cada quenda (41 KB)

Folleto informativo de campamentos urbanos (749 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión