Produción Hugo Torres en coprodución co Centro Dramático Galego, Festival Escenas do Cambio, Cidade da Cultura de Galicia, Festival Fitei (POR), Novo Ciclo - Acert (POR)
Para público en xeral
13/12/2026
19.00 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Gabriel Calderón, Hugo Torres
Que teñen en común un mariñeiro da armada de Vasco da Gama -a primeira en abrir a ruta marítima cara ás Indias-, un bandoleiro que decidiu impartir xustiza á marxe do rei, unha mestra de comezos do século XX que fundou unha compañía de monicreques e un pintor que cruzou o Mediterráneo nun pequeno barco na procura da liberdade? Todos eles son os meus devanceiros.
Durante os últimos cincocentos anos, as súas vidas avanzaron en paralelo aos grandes movementos da Historia: a expansión marítima, as ditaduras, as resistencias, os exilios. Este relato familiar non pretende corrixir a Historia oficial, senón mirala desde quen a viviu en primeira persoa. Na miña familia lembramos os nosos antepasados arredor da mesa; alí compartimos non só a comida, senón tamén a súa memoria.
Black Box é un espectáculo íntimo e performativo concibido polo creador de escena e compositor Hugo Torres, no que o acto de cociñar se converte no eixe narrativo e sensorial da experiencia.
Texto e dramaturxia: Gabriel Calderón, Hugo Torres
Dirección e interpretación: Hugo Torres
Escenografía e estilismo: Marta Pazos
Iluminación: Iván Casal
Música Orixinal: Hugo Torres
Distribución: Carlos M. Carbonell - Crémilo
Venda de entradas a partir do 04 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible