Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: El barbero de Picasso

Produción Teatro Español, Amor al teatro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/12/2026 ata o 19/12/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

De Borja Ortiz de Gondra

Nos anos 1950, en Vallauris (Francia), dous republicanos españois exiliados iniciaron unha amizade que se faría inquebrantable e duraría ata o final das súas vidas. Un era o xenio da arte máis famoso do mundo, Pablo Picasso; o outro, un modesto barbeiro que lle cortaba o escaso pelo. A eses dous homes tan dispares uniríanlles para sempre a nostalxia do país perdido, a paixón pola tauromaquia, o compromiso político. Todo o demais separáballes, e a creación dunha escultura dunha cabra por parte de Picasso con materiais de refugallo sería o desencadenamento dunha infinidade de hilarantes malentendidos.

El barbero de Picasso é unha comedia agridoce na que, inspirándome na figura de Eugenio Arias, o modesto perruqueiro republicano que chegou a converterse nos anos 1950 no mellor amigo de Pablo Picasso en Francia, quixen render homenaxe aquela amizade inquebrantable e aos dous homes que a forxaron.

Elenco: Antonio Molero, Pepe Viyuela, Mar Calvo, José Ramón Iglesias

Dirección Chiqui Carabante

Escenografía: Walter Arias

Vestiario: Salvador Carabante

Iluminación: José A. Tarín

Axudante de dirección: Pablo M. Bravo

Fotos: Javier Naval

Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión