Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Xaneiro 2026
As persoas interesadas poden realizar a preinscrición os días 15, 16 e 17 de decembro.
ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL
Preinscrición: 15, 16 e 17 de decembro
Realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario:
Formulario de preinscrición en actividades
. Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h do luns 15 de decembro ata as 23:59 h do mércores 17 de decembro.
As persoas que non conten con acceso a Internet poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica no número de teléfono 857 890 628 (*) durante as datas de preinscrición sinaladas anteriormente e en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16:00 ás 20:00 h.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
Toda a programación, detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro premendo na seguinte ligazón
Actividades Convocatoria Xaneiro 2026
.
Cando se realice a preinscrición, á hora de cubrir o formulario, deberá escoller o método de pago: en liña (con tarxeta de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).
(*) Este teléfono non é un número de atención e información sobre as actividades programadas, neste teléfono unicamente se recollerá a información necesaria para formalizar a preinscrición.
Publicación das listaxes provisionais de preinscricións:
26 de decembro. As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono 010.
Reclamacións ás listaxes de preinscricións:
29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
Sorteo:
30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de admisións e de espera
13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010. Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.
Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas
Do 14 ao 18 de xaneiro.
A cota das actividades regúlase na Ordenanza número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, que terán carácter gratuíto.
Realizarase preferentemente en liña a través desta ligazón
Pago en liña das actividades
do 14 ao 18 de xaneiro 2026. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.
Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago en liña. Este código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada, polo que cada actividade terase que aboar por separado.
Se o pago se realiza presencialmente, debe imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: Abanca e Banco Santander.
Unha vez pagado na entidade bancaria, NON hai que entregar na conserxería O XUSTIFICANTE, xa que se envorcarán todos os datos de pago telemático (en liña e entidade bancaria), excepto as persoas que paguen na oficina municipal da Franxa, que só neste caso se debe achegar o xustificante de pago no centro cívico correspondente.
Xestión lista de espera
As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxería do centro cívico correspondente a partir do 22 de xaneiro.
As persoas admitidas, a partir da listas de espera, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pago establecido anteriormente.
Data de inicio e fin de actividades
A partir do 26 de xaneiro ata o 13 de xuño.
Información importante
Cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a preinscrición) á clasificación será: Infancia de 4 a 12 anos, Mocidade de 13 a 17 anos, Interxeracional a partir de 18 anos e Maiores a partir de 65 anos.
Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis ou horario (iniciación ou perfeccionamento, grupo 1 ou grupo 2, mañá ou tarde etc.,) considéranse unha mesma actividade, e só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.
As actividades que teñan nivel Iniciación están destinadas unicamente para aquelas persoas que non contan con coñecementos previos no que á actividade se refire, é dicir, que se inician na actividade.
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
CLUBS, actividades de caráctergratuíto dirixidas por persoas voluntarias
Preinscrición
15, 16 e 17 de decembro.
As preinscricións realizaranse de maneira presencial nas conserxerías dos centros nos que se imparte o club, en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
Publicación das listaxes provisionais de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos
26 de decembro
Reclamacións ás listaxes de preinscricións
29 de decembro, a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16:00 ás 18:00 h.
As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
Sorteo
30 de decembro, en cada centro cívico ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de admisións e de espera
13 de xaneiro. Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono 010.
Prazo de inscrición
Do 14 ao 18 de xaneiro.
As persoas admitidas nos clubs, CONFIRMARÁN A PRAZA (de maneira presencial ou por teléfono)no centro cívico onde resultaron admitidas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible