Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

21 de marzo de 2020

Convocatoria para a concesión das bolsas de comedor curso 2020/2021

Novidades na solicitude das bolsas de comedores escolares

Nesta convocatoria, a persoa beneficiaria é a persoa menor de idade ou alumno/a que efectivamente use o comedor escolar. Neste sentido, a solicitude débese realizar a nome desta persoa. Na maior parte dos casos, dado que a persoa beneficiaria é menor de idade, deberá figurar unha das persoas proxenitoras/titoras/gardadoras como representante legal. Igualmente, as persoas proxenitoras ou que ostenten a custodia ou garda legal, deberán cubrir o anexo IV cos seus datos completos. Este anexo permite ao mesmo tempo a oposición destas persoas á consulta dos datos necesarios para a valoración da solicitude de bolsa comedor. Só no caso de que non se autorice esta consulta, deberá sinalar a súa oposición no recadro correspondente. A autorización para a consulta dos datos da persoa menor de idade enténdese outorgada coa presentación da solicitude. Só se deberá marcar o recadro correspondente na folla de solicitude en caso de opoñerse a esta consulta. A solicitude no modelo específico deberá vir sempre acompañada da seguinte documentación:

  • Anexo I debidamente cuberto
  • Anexo II debidamente cuberto
  • Anexo III debidamente cuberto
  • Anexo IV debidamente cuberto
  • Anexo V debidamente cuberto
  • Libro de familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
  • Certificado escolar ou copia da matrícula.
  • Igualmente no caso de opoñerse á consulta deberá acompañar a solicitude dos documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
  • O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias deben achegarse xunto cos documentos que as proben, e que están enumerados na base 10.3 da convocatoria.

É de vital importancia cubrir con exactitude o apartado específico sinalado no punto anterior, dado que non se valorará calquera outra circunstancia alegada con posterioridade. Nos períodos que o procedemento establece para a corrección da solicitude, así como no prazo sinalado para a presentación de alegacións, non se poderán instar novas circunstancias que afecten a esta valoración.

Con anterioridade á resolución que poña fin ao procedemento de concesión de bolsas de comedor, existirá unha proposta de resolución definitiva que dará lugar a un prazo de 10 días para presentar aceptación ou renuncia da bolsa de comedor. Entenderase que se acepta a bolsa se non se produce manifestación en contrario. Así pois, este ano non é necesario presentar documento de aceptación con posterioridade á concesión. Neste curso académico as facturas correspondentes ao custo do servizo serán expedidas polas entidades xestoras dos comedores a nome da persoa beneficiaria e efectuarase o pago da bolsa por parte do Concello da Coruña directamente a estas entidades mediante unha fórmula de cesión do dereito de cobro, habilitada pola presentación do anexo V. Neste sentido, o Concello da Coruña é alleo a todo trámite referido á obtención de praza no comedor e calquera outra relación entre persoas usuarias de comedor e entidades xestoras destes.

As persoas beneficiarias que pertenzan a unidades familiares que sexan perceptoras de RISGA ou Renda Social Municipal terán automaticamente a máxima puntuación na relativo á valoración económica. En todo caso, deberán cumprir igualmente os requisitos xerais, esixidos para obter a bolsa de comedor.

As bases, en galego e castelán, están máis abaixo nesta mesma noticia, en documentos relacionados.

Debido á publicación da convocatoria durante a vixencia do Estado de Alarma declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, o prazo de 10 días para a presentación da solicitude está suspendido ata a finalización desta situación. Esta circunstancia será informada e divulgada do modo oportuno. Estas indicacións teñen exclusivamente carácter informativo e non substitúen de ningún xeito o que se establece nas bases reguladoras da convocatoria. Con este fin, recoméndase encarecidamente a lectura das devanditas bases reguladoras, especialmente para aquelas situacións específicas.

Documentos:

Anexos en castelán (60 KB)

Anexos en galego (70 KB)

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión