Dentro do ciclo Literatura comprometida: "Café literario: Comprometidas co bo trato”. Son encontros en formato coloquio con autoras comprometidas coa Igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Aberto a toda a poboación ata completa aforo (aforo recomendable 30 prazas)
Para público en xeral
12/12/2022
Xa rematou
De 19:00 a 20:00 h.
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Teresa Lozano e Zua Méndez son coordinadoras do libro "No somos princesas, somos guerreras: cuentos feministas para un nuevo mundo". Contempla contos e relatos de varias autoras recoñecidas que abordan a violencia machista, a sexualización, os estereotipos de xénero ou o acceso á educación. Está dirixido a menores preferentemente a partir dos 9 anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible