Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2023

Curso 2022/23

Listas de concesións e denegacións de bolsas comedor por causas sobrevidas

Solicitadas do 14 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2023

No taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña pódense consultar as listas de concesións e denegacións de bolsas comedor por causas sobrevidas, solicitadas do 14 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2023, así como o seu anuncio correspondente.

As solicitudes están publicadas por orde do seu número de expediente. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Se a solicitude se presentou de maneira presencial no Rexistro do Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no de Mesoiro por MESE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE.

Existe un prazo de presentación de recursos desde o 17 de marzo ao 17 de abril de 2023 (ambos incluídos).

As persoas beneficiarias deben realizar os trámites oportunos co provedor do servizo para darse de alta no comedor escolar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión