19 de setembro de 2022
Convocatoria de setembro 2022
Podes consultar as listaxes de admisións para os clubs dos centros cívicos nos documentos que se achegan.
Unha vez comprobada a inclusión nas listaxes de persoas admitidas, hai que acudir ao centro cívico correspondente para confirmar a praza dentro do prazo de inscrición, cubrindo un impreso que será entregado na conserxaría.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as prazas vacantes das actividades e clubs ocuparanse chamando ás persoas das listaxes de agarda por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición e en caso de houber vacantes nalgunha actividade ou club e non houber listaxe de agarda, colocarase un cartel nos centros cívicos coa devandita información.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible