Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2025

Mañá abre a preinscrición nas actividades socioculturais que haberá nos centros cívicos ata finais de ano, cunha oferta de 5.000 prazas

A programación impulsada polo Concello inclúe propostas de benestar, artísticas, tecnolóxicas, gastronómicas, culturais e interxeracionais. Haberá actividades específicas para menores de 12 e maiores de 60 anos

Mañá, luns 1 de setembro, o Concello abrirá a preinscrición na programación de actividades socioculturais que se levará nos centros cívicos municipais neste último cuadrimestre de 2025.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, lembrou que o Goberno de Inés Rey pon a disposición da veciñanza máis de 5.150 prazas e unha oferta de máis de 6.000 horas ata finais de ano. "Os centros cívicos municipais son núcleos de convivencia fundamentais tanto para os barrios da cidade como para a súa veciñanza. Axudan a fomentar un sentimento comunitario e tamén a crear vínculos sociais entre persoas a escala interxeracional, co impacto positivo que ten isto para mitigar cuestións como a soidade non desexada, por exemplo", explicou Canosa.

Neste sentido, a programación prevista a partir de outubro inclúe propostas de benestar (pilates, ioga, danza), artísticas (pintura, cerámica, fotografía), tecnolóxicas, gastronómicas, culturais e interxeracionais, así como clubs de lectura, memoria e iniciación dixital.

Ademais, tamén se manterán actividades específicas para menores de 12 anos -ludoteca, apoio escolar e inglés- e para maiores de 60 -estimulación cognitiva, uso do móbil e actividade física adaptada-.

Así será o calendario de trámites previo á posta en marcha das actividades

  • Preinscrición en liña: 1, 2 e 3 de setembro. As persoas sen acceso a Internet disporán dun servizo de atención telefónica para formalizar a solicitude.
  • Publicación dos listados en bruto: 8 de setembro.
  • Reclamacións: 9 de setembro.
  • Sorteo público nos centros cívicos: 10 de setembro.
  • Listados definitivos de persoas admitidas: 19 de setembro.
  • Pago de taxas: 22, 23 e 24 de setembro.
  • Xestión da lista de espera: 26, 27 e 28 de setembro; abono das prazas asignadas o 29 e 30 de setembro.
  • Inicio das actividades: 1 de outubro.

Cada persoa poderá solicitar ata tres actividades por orde de preferencia; a veciñanza empadroada no Concello da Coruña terá prioridade fronte a solicitudes doutros concellos.

A preinscrición poderá realizarse desde mañá, luns 1 de setembro, cubrindo o formulario que estará habilitado na páxina web do Concello. A información completa pode consultarse na web de  Servizos Sociais .

O sistema guiará as persoas usuarias na orde de preferencia das actividades. Quen non dispoña de medios dixitais contará con asistencia telefónica.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión