Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2026

Multiaventura, surf, skate e paddle-surf para mocidade

Actividades gratuítas para mozas de 12 a 17 anos.

O Concello da Coruña oferta varias actividades deportivas e de lecer co fin de promover o lecer positivo na poboación nova.

Esta iniciativa promovida pola Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade forma parte da programación de actividades estivais de carácter gratuíto promovidas desde o Concello aproveitando a pausa lectiva no verán.

Estas actividades están dirixidas a mozas de 12 a 17 anos, son gratuítas e inclúen todo o material necesario para o seu desenvolvemento.

O calendario de actividades é o seguinte:

  • INICIACIÓN AO SKATE na pista do parque de Eirís. Se non tes táboa, casco ou proteccións facilitámoschas durante a actividade. Punto de encontro no centro cívico do Castrillón.
    • Días: 27 e 28 de xullo/ De 10.00h a 12.30 h. Finaliza a inscrición o 23 de xullo.
  • XORNADA MULTIAVENTURA (CIRCUÍTO CORDAS, TIROLESA EN ÁRBORES E LASER TAG) en Lucus Aventur (Lugo). Inclúe transporte. Punto de recollida a confirmar ás persoas inscritas. Cada participante terá que levar a súa comida (bocadillo, auga...)
    • Día 29 de xullo/ De 10.00 h a 16.00 h. Finaliza a inscrición o 27 de xullo
  • INICIACIÓN AO PADDLE SURF no Porto Deportivo (Zona Mariña Coruña). Punto de encontro na porta do Castelo de San Antón.
    • Grupo 1: Día 30 de xullo/ De 10.00h a 13.00 h Finaliza a inscrición o 28 de xullo.
    • Grupo 2: Día 31 de xullo/ De 10.00 h a 13.00 h. Finaliza a inscrición o 29 de xullo
  • BAUTISMO DE SURF na praia de Bastiagueiro. Inclúe transporte. Punto de recollida de autobús a confirmar ás persoas inscritas.
    • Grupo 1: 3 de agosto/ De 09.45h a 12.30h. Finaliza a inscrición o 30 de xullo.
    • Grupo 2: 4 de agosto/ De 09.45 h a 12.30 h. Finaliza a inscrición o 31 de xullo.

Prazas limitadas e participación gratuíta. A admisión será por orde de inscrición e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a realización da actividade. Confirmarase a admisión aos inscritos antes do inicio da actividade.

A inscrición será en liña, a través desta ligazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión