Taller de deseño de instrumentos electrónicos e interacción física
Para público en xeral
Dende o 23/05/2026 ata o 24/05/2026
23 e 24 de maio de 10:00h a 14:00h
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
20
• Matrícula con kit: 120€ (inclúe unha Daisy Seed, unha placa de prototipado, un jack 3,5 estereo, un potenciómetro para probas. É necesaria prescrición para xestionar o encargo do material)
• Matrícula sen kit: 60€ (poderase traballar con algunhas das Daisy Seed dispoñibles)
Máis información e inscricións:xoanxil@unruidosecreto.net
Material extra necesario: recoméndase, aínda que non é imprescindible, levar un portátil.
Este taller é unha introdución á creación de dispositivos sonoros electrónicos (sintetizadores, módulos, efectos hardware, etc.) utilizando a placa Daisy Seed de Electrosmith e engadindo interacción e control físico mediante o uso de sensores. Aínda que Daisy pódese programar con diferentes linguaxes, neste taller centrarémonos en Plug data pola súa sinxeleza e accesibilidade.
A actividade está dirixida a ualquier acode que se queira introducir no desenvolvemento de proxectos sonoros deseñando os seus propios dispositivos e adaptándoos aos seus intereses creativos, desde a música ao desenvolvemento de instalacións sonoras, a danza ou a peformance. Non son necesarios coñecementos previos.
O taller estará impartido por Anxe Faraldo, músico e sonólogo, profesor de composición electroacústica no Centro Superior Katarina Gurska (Madrid). E Xóan-Xil López, artista sonoro e investigador. O seu traballo vira ao redor da práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible