Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de setembro de 2020

Preinscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos. Convocatoria de setembro de 2020

O prazo de preinscrición será os días 18, 19 e 20 de setembro, en liña e ata as 20.00 horas do último día. Tamén se poderá facer telefonicamente para aquelas persoas que non poidan realizalo en liña. A partir do día 28 de setembro, na canle "Coruña Acompaña" de Youtube, iranse publicando vídeos de actividades para toda a cidadanía.

  • Preinscrición

Realizarase preferentemente en liña os días 18, 19 e 20 de setembro (venres, sábado e domingo) ata as 20:00 horas do último día, a través desta web municipal e cubrindo este formulario.

O procedemento para facer as solicitudes de preinscrición farase co código que lle corresponde a cada actividade. Na primeira columna do documento que se adxunta pódense consultar os códigos correspondentes.

  • Publicación de listas nos centros cívicos co número que lle corresponde a cada persoa para o sorteo.

Día 21 de setembro

  • Sorteo público

O martes 22 de setembro nun vídeo en directo a través da canle de Youtube Coruña Acompaña.

A partir do número resultante para cada centro cívico no sorteo público, elaboraranse as listas de admisións e as listas de espera.

  • Publicación das listas provisionais de admisións e listas provisionais de espera

29 de setembro. Ambas as listas poderanse consultar nesta web, nos centros cívicos ou chamando ao teléfono 010 de información cidadá. Soamente se chamará ás persoas en lista de espera ao segundo día da actividade, seguindo así o "modelo burbulla".

  • Reclamacións

Serán os centros cívicos os que recibirán as reclamacións. Haberá que chamar ao centro cívico correspondente.

  • Prazo de inscrición e pago de taxas o primeiro día de comezo de cada actividade

O pago de taxas realizarase de maneira presencial obtendo un modelo de folla de pago o primeiro día da actividade. Esa folla cubrirase cos datos persoais de cada participante e pagarase o prezo público na sede bancaria. Entregaráselle o xustificante de pago ao monitor ou monitora no segundo día de actividade. O prezo público establécese segundo a Ordenanza fiscal número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

O aboamento do prezo público e a entrega no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria son imprescindibles para iniciar a actividade. De non facelo así, perderase o dereito á praza e procederase a chamar á persoa que corresponda da lista de espera.

No local da Asociación veciñal de Nostián vanse realizar tamén actividades.

Os días en que a actividade comece ou finalice en festivo ou coincida en festivo o día da actividade, non haberá clase.

Criterios de participación no programa de actividades socioculturais de prevención e cooperación social dos centros cívicos municipais

PREVENCIÓN POLA COVID-19

1. A asistencia ao centro será posible coa condición de que non se teñan síntomas de carácter respiratorio nin sintomatoloxía compatible con COVID-19.

2. Deberanse seguir as normas de hixiene, de seguridade e de mantemento da distancia física recomendadas polas autoridades sanitarias. O incumprimento consciente e reiterado destas indicacións poderá supoñer a expulsión do centro cívico.

3. A partir dos 6 anos deberán levar máscara de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

4. Respectaranse, con suma puntualidade, as indicacións de horario co fin de regular os fluxos de circulación no centro cívico.

5. Cada persoa deberá achegar o material necesario para o desenvolvemento da actividade, para evitar usar obxectos comúns.

6. Aínda que os centros cívicos están equipados con xeles hidroalcohólicos, é recomendable que cada persoa leve, ademais, o seu propio xel.

Documentos:

Os códigos identificativos están na primeira columna deste documento (144 KB)

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión