Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2026

Publicadas as listas definitivas dos campamentos de verán

Publicáronse as listas definitivas dos campamentos urbanos, de día e de pernoctación.

O Concello da Coruña publicou hoxe as listas definitivas dos campamentos urbanos, de día e de pernoctación. Pódense consultar a través da páxina coruna.gal/campamentos2026.

O prazo para realizar a inscrición e o pago é do día 2 ao 5 de xuño.

Datas importantes para ter en conta:

  • Publicación das listaxes provisionais: 15 de maio
  • Prazo de presentación de reclamacións: 18 e 19 de maio
  • Sorteo de prazas: 21 de maio
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas: 1 de xuño
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño
  • Publicación da lista de espera: a partir do 10 de xuño

Toda a información está dispoñible na web municipal, en coruna.gal/campamentos2026 , onde as familias poden consultar as condicións específicas de cada modalidade, idades, quendas, horarios, cotas, servizos dispoñibles e espazos de realización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión