26 de decembro de 2025
As listas pódense consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao Teléfono 010.
Tras a apertura do prazo de inscrición durante os días 15, 16 e 17 de decembro, publícanse, a día 26 de decembro de 2025, as listas provisionais de preinscrición nas actividades culturais dos centros cívicos (convocatoria de xaneiro de 2026).
As reclamacións ás listaxes poderanse realizar o día 29 de decembro a través do teléfono 010 ou chamando ao teléfono 857 890 628 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16.00 ás 18.00 h. As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
Máis información sobre a convocatoria e os prazos: Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Xaneiro de 2026
Novas relacionadas
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible