Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2024

Recuncho do xogo en Semana Santa

Inscrición nos centros cívicos do 15 ao 18 de marzo. Dirixido a menores de 4 a 12 anos.

A actividade de Recuncho do xogo farase os días 25, 26 e 27 de marzo.

Realizarase nos seguintes centros cívicos de 10.00 a 14.00 horas:

  • Centro cívico Castrillón
  • Centro cívico Cidade Vella
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Mesoiro
  • Centro cívico Monelos
  • Centro cívico Monte Alto
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Os Mallos
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Rosales
  • Centro cívico San Diego

Nos seguintes centros cívicos a actividade farase de 10.00 a 13.00 horas agás no Centro cívico Castro de Elviña, onde se fará de 11.00 a 13.00 horas:

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Castro de Elviña
  • Centro cívico Feáns
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico San Pedro de Visma
  • Centro cívico Santa Lucía

A inscrición realizarase do día 15 ao 18 de marzo na conserxaría do centro cívico onde se queira facer a actividade. As prazas outorgaranse por orde de inscrición ata completalas.

Ofertarase unha praza en cada grupo para menores con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, que contarán con monitores de apoio para tarefas pedagóxicas, non acometendo funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

No caso de querer optar a unha praza de NEE e/ou discapacidade, deberá indicarse no momento da inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión