17 de setembro de 2026
O prazo para presentar recurso potestativo de reposición comprenderá do 17/09/2026 ao 16/10/2026.
Publicación relativa á resolución da convocatoria de axudas para o pago de comedores escolares para o curso escolar 2026/2027 no Taboleiro de anuncios e edictos municipal.
Nas listaxes identifícase cada solicitude individualmente segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes, presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro. Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en María Pita ou Mesoiro por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
O prazo para presentar recurso potestativo de reposición comprende do 17 de setembro ao 16 de outubro de 2026, ambos os días incluídos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible