Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2014

Actos conmemorativos do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

A Concellería de Servizos Sociais organiza un programa de actos para conmemorar o Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia

O programa municipal LGTB para o ano 2014 da Concellería de Servizos Sociais recolle o conxunto de actividades de sensibilización, dirixidas a toda a cidadanía, co fin de favorecer a visualización da comunidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, garantir e defender os seus dereitos, sempre no ámbito das competencias da administración local.

Unha das accións que o programa municipal LGTB recolle é a conmemoración do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, no mes de maio, que se celebra coa realización de diversos actos na rede de centros cívicos municipais da Concellería de Servizos Sociais.

Os actos do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia 2014 son os seguintes:

Proxección de películas no Centro Cívico de Labañou:

  • Horario: 18.30
  • 18 de maio: Mambo italiano
  • 25 de maio: Beautiful Thing
  • 1 de xuño: Out of the Wedding (inglés, subtitulada en castelán)
  • A entrada é libre ata cubrir a capacidade.

Contacontos sobre familias diversas "E ti cantas nais tes"?

  • Dirixido a menores de entre 4 e 10 anos
  • Realizaranse en trece centros cívicos da cidade. Consulta en cada centro cívico os requisitos e prazos de inscrición.

Charla sobre a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Impartida por Gonzalo Trenor López, deputado no Parlamento de Galicia.

  • Lugar: Centro Cívico de Castrillón
  • Día e hora: 21 de maio ás 19.30 h

Todas as actividades teñen carácter gratuíto.

Os requisitos específicos para poder participar poden consultarse no centro cívico no que se realiza a actividade, a través da páxina web de servizos sociais, ou do teléfono de información municipal 010.

Documentos:

Folleto informativo actos do Día Internacional contra a homofobia e a transfobia (13 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión