29 de xullo de 2024
Curso 2024/25
Unha vez aplicados os catro primeiros criterios de desempate, persiste o empate entre 1.118 solicitudes cunha puntuación total de 10 puntos (ver o documento adxunto á lista de expedientes).
En aplicación da base 9.10 e o punto 5 da base 9.11, efectuarase un sorteo público para realizar a prelación destes expedientes ata esgotar o crédito dispoñible. Neste sorteo extraeranse 4 bólas das que se obterá un numero de 4 díxitos. Este número corresponderá aos últimos díxitos que identifican o expediente individual no que se recolle a solicitude do alumnado.
Resultará beneficiario o alumno ou alumna que teña asignado o número elixido e o alumnado posterior en orde ascendente ata esgotar o crédito consignado na base 3.1.
Este sorteo terá lugar o día 2 de agosto, as 9.00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico dos Mallos (avenida de Arteixo, 147, A Coruña).
LISTADO-EXPEDIENTES-EMPATE-10-PUNTOS-DATOS-ANONIMIZADOS.pdf (766 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible