18 de setembro de 2025
O prazo para presentar recurso potestativo de reposición comprenderá do 18/09/2025 ao 17/10/2025.
Publicación relativa á proposta de resolución definitiva da convocatoria de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2025/2026 no Taboleiro de edictos deste concello.
Nas listas identifícase cada solicitude individualmente segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes, presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro. Se a solicitude se presentou no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
O prazo para presentar recurso potestativo de reposición comprende do 18 de setembro ao 17 de outubro de 2025, ambos os días incluídos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible