Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2013

Campamentos urbanos de Nadal 2013. Aviso de inicio do período de inscrición de menores participantes.

Campamentos urbanos de Nadal 2013

A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña informa do inicio do proceso de inscrición de menores de 4 e 12 anos para os Campamentos urbanos de Nadal 2013.

Tras concluírse o proceso de inscrición previa, realizado o sorteo e comprobada a dispoñibilidade de prazas,

a Concellería de Servizos Sociais informa a todas as familias interesadas de que todas/os as/os nenas/os que formalizaron a súa inscrición previa nos Campamentos urbanos de Nadal obtiveron praza, polo que poderán formalizar a INSCRICIÓN a partir da próxima semana nos días, horarios e lugares que se indican a continuación:

Días da inscrición: 13 e 14 de decembro do 2013.

Horario: de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Lugares para a inscrición: Centros cívicos da Rede de Centros Cívicos Municipais. 

As persoas participantes deberán aboar no momento da inscrición 12,00 € de cota por menor participante admitido.

Os campamentos urbanos de Nadal realizaranse os días 23, 26, 27 e 30 de decembro do 2013, e os días 2 e 3 de xaneiro do 2014, en horario de 10.00 a 13.00 horas, nos seguintes centros cívicos municipais:

  • Centro Cívico Artesáns
  • Centro Cívico Eirís
  • Centro Cívico Elviña
  • Centro Cívico Labañou
  • Centro Cívico Rosales
  • Centro Cívico Mesoiro
  • Centro Cívico Monelos
  • Centro Cívico Monte Alto
  • Centro Cívico Os Mallos
  • Centro Cívico Palavea
  • Centro Cívico San Diego

Para máis información poden consultar na rede de centros cívicos municipais, e no teléfono de información municipal 010.

Documentos:

Tríptico informativo con formulario de preinscripción [versión castellano] (268 KB)

Tríptico informativo con formulario de inscrición previa [versión galego] (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión