Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2025

Nadal 2025

Campamentos urbanos de Nadal 2025 nos centros cívicos municipais

Para menores nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021

A Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade organiza campamentos de Nadal nos centros cívicos para menores nados/as do 01/01/2013 ao 31/12/2021 co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante os días non lectivos de decembro de 2025 e xaneiro de 2026.

Nos campamentos de Nadal, ofértanse prazas para menores con Necesidades Educativas Especiais (NEE) e/ou discapacidade que terán un sorteo propio.

  • Días de realización:
    • 22, 23, 26, 29, 30 de decembro de 2025
    • 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026
  • Horario:
    • Xeral: das 10.00 ás 14.00 h
    • Ampliado: das 9.00 ás 14.30 h
  • Custo por participante
    • Xeral: 26 €
    • Ampliado: 32 €
  • Centros onde se realizarán os campamentos
    • Centro Cívico A Silva
    • Centro Cívico Artesáns
    • Centro O Birloque
    • Centro Cívico Castrillón (*)
    • Centro Cívico Castro de Elviña
    • Centro Cívico Cidade Vella
    • Centro Cívico Eirís
    • Centro Cívico Elviña
    • Centro Cívico Feáns
    • Centro Cívico Labañou. Por atoparse en obras, a sede será no Espazo de Intervención Cultural Normal-UDC (rúa Paseo de Rolda, núm. 47)
    • Centro Cívico Mallos (*)
    • Centro Cívico Mesoiro (*)
    • Centro Cívico Monelos
    • Centro Cívico Monte Alto (*)
    • Centro Cívico Novoboandanza (*)
    • Centro Cívico Palavea
    • Centro Cívico Pescadores
    • Centro Cívico Rosales (*)
    • Centro Cívico Sagrada Familia
    • Centro Cívico San Diego (*)
    • Centro Cívico San Pedro de Visma
    • Centro Cívico Santa Lucía

En todos os centros anteriores pódese solicitar o horario xeral. Ademais, nos centros sinalados cun asterisco (*) pódese solicitar o horario ampliado.

  • Preinscrición
    • 26, 27 e 28 de novembro.
    • As solicitudes presentadas de menores con NEE deben indicar esta circunstancia no apartado correspondente da preinscrición e acompañar a preinscrición da ficha de coñecemento persoal.
  • Modalidades de preinscrición
    • Preferentemente en liña a través do formulario dispoñible na seguinte ligazón Preinscrición en campamentos de Nadal . O formulario estará aberto desde as 8.00 h do día 26 de novembro ata as 23.59 h do día 28 de novembro.
    • Telefonicamente, no número 695 133 494 en horario de atención das 9.00 ás 20.00 horas ininterrompidamente.
  • Publicación das listaxes de preinscrición
    • 4 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010
  • Reclamación ás listaxes de preinscrición
    • 5 de decembro, enviando un correo electrónico co motivo da reclamación a jacobo.rocha@formaziona.com ou chamando ao número de teléfono 695 133 494.
    • As reclamacións soamente se referirán a solicitudes presentadas en prazo que non se atopan na listaxe de preinscrición, solicitudes que conteñan erros no horario solicitado ou erros nos datos de identificación publicados.
  • Sorteo
    • 9 de decembro ás 10:00 h en cada centro cívico do campamento onde se realizou a preinscrición.
    • O sorteo de prazas de menores con NEE realizarase tamén o día 9 de decembro ás 10.00 h no Centro Cívico de Monelos.
  • Publicación de listaxes de admisións e espera
    • 12 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010.
  • Inscrición e pago
    • 12, 13, 14 e 15 de decembro. Para realizar o pago farase desde esta ligazón, ao cal se accede tamén desde o QR que hai no documento "Instrucións de inscrición e pago" que se pode descargar no apartado "Documentos" ao final desta noticia.
    • En caso de dúbida coa inscrición, pode contactar co 666 703 923 en horario das 10:00 ás 13:00 h durante as datas de inscrición ou enviar un correo a vitae.coruna@grupovitae.com.
  • Xestión da lista de espera
    • A partir do 16 de decembro serán avisadas as familias a través do correo electrónico que indicaron no formulario de preinscrición.

INFORMACIÓN XERAL E RECOMENDACIÓNS

  • Terán preferencia as e os menores empadroados no Concello da Coruña.
  • Reservarase un 20% de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.
  • Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá haber un mínimo de 9 para formar grupo.
  • Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas.
  • Ofertaranse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio, diferenciado do sorteo da cota xeral.
  • Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.
  • Non formalizar a inscrición no prazo e horario establecido supoñerá a perda de dereito á praza.
  • Unha vez realizado o pago do campamento non se terá dereito á devolución, excepto por causas imputables a quen preste o servizo.
  • Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento, tanto á entrada como á saída.
  • Na modalidade de horario ampliado, requiriranse como mínimo 6 participantes para realizar grupo.
  • Se unha/un menor resulta admitida/o e ten irmás ou irmáns co número correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/os obterán praza, coa condición de que pertenzan á mesma cota.
  • Levar roupa e calzado cómodo.
  • Non levar aparellos electrónicos, videoconsolas, móbiles, diñeiro ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable das perdas que se poidan producir durante o campamento.
  • É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que presenten enfermidades contaxiosas ou algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, erupcións, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias etc.

Documentos:

Campamentos urbanos de Nadal 2025 (5 MB)

Instrucións para a inscrición e o pago (229 KB)

Documentos relacionados

  • Listaxes de admisión de menores con NEE (87 KB)
  • Listaxe admitidos Centro Cívico Santa Lucia (78 KB)
  • Listaxe de centros onde non se realizarán os campamentos por non formarse grupo (3 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión