Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2025

Campamentos urbanos nos centros cívicos. Verán de 2025

Para nenas e nenos nados do 1/1/2013 ao 31/12/2021. As datas de preinscrición son os días 13, 14 e 15 de maio.

  • PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nadas/os do 01/01/2013 ao 31/12/2021. Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio, o cal non realizará tarefas de carácter sanitario.

  • QUENDAS

-1.ª quenda: do 1 ao 15 de xullo

-2.ª quenda: do 16 ao 31 de xullo

-3.ª quenda: do 1 ao 15 de agosto

-4.ª quenda: do 16 ao 31 de agosto

-5.ª quenda: do 1 ao 5 de setembro

Os días festivos non haberá campamento.

  • HORARIO

Xeral: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h

Ampliado: de luns a venres, de 9.00 a 14.30 h, nos centros cívicos do Castrillón, Eirís, Elviña, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Os Rosales, Cidade Vella e San Diego.

  • COTA DE INSCRICIÓN

26,00 € para horario xeral e 32,00 € para horario ampliado.

  • PREINSCRICIÓN

13, 14 e 15 de maio, no formulario en liña Preinscrición nos campamentos urbanos de verán

Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizaren a preinscrición por vía telemática poderán chamar ao número 695 133 494 (tres liñas de atención) en horario ininterrompido de 9.00 a 20.00 horas.

Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento urbano, no mesmo centro cívico ou en centros cívicos diferentes.

-Non se poden solicitar as mesmas quendas en centros cívicos diferentes. No caso de detectarse as mesmas peticións para un/unha mesmo/a menor en varios centros cívicos, anularánselle todas.

-No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/ou recibirá un correo electrónico co resumo desta.

-Para que a preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional se copnsidere correcta, deberá incluír unha ficha de coñecemento persoal para planificar os apoios necesarios.

-Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.

-Os irmáns e irmás deberán anotarse de forma correlativa. Se non é así, non se garantirá que estean xuntos.

-No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor, terase en conta a que se realizou en último lugar.

  • PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:

23 de maio

  • RECLAMACIÓNS

26 e 27 de maio, no teléfono 695 133 494, en horario de 9.00 a 20.00 horas

  • SORTEO DE PRAZAS

29 de maio

  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS

2 de xuño

  • INSCRICIÓN E PAGO

3, 4, 5 e 6 de xuño

-Número de conta para realizar o pago ES98 2085 8313 8203 3027 0923

-O xustificante do pago subirase á web, así como aquela documentación que sexa requirida. As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: vitae.coruna@grupovitae.com

-Se se desexa obter factura do pago, deberá marcar a casa correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.

-Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

-Requirirase un número mínimo de 9 participantes por grupo para formar o dito grupo.

-Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

-A inscrición supón a aceptación e o cumprimento estrito do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supor a perda da praza.

-A aceptación e formalización da praza no campamento supón que o/a menor debe participar na totalidade das actividades que se leven a cabo, tanto dentro como fóra da instalación, atendendo á programación do campamento.

  • LISTAXES DE AGARDA

A partir do 10 de xuño, as comunicacións realizaranse por correo electronico.

  • N.º DE PRAZAS

2.250

  • ACTIVIDADES PREVISTAS

Este verán o campamento convídanos a percorrer o mundo a través dos cinco continentes. En cada quincena, viaxaremos simbolicamente a un dos continentes, onde descubriremos a súa cultura, natureza, arte e tradicións. A través de obradoiros creativos, xogos cooperativos, dinámicas de sensibilización e excursións, os nenos e nenas vivirán un verán cheo de aprendizaxes e exploración, cunha mirada inclusiva, diversa e feminista que fomenta valores como a igualdade, o respecto intercultural, o coidado do medio ambiente e a convivencia pacífica.

Ao final de cada quenda, realizarase unha excursión programada, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Mediante a inscrición no campamento, autorízase expresamente a participación do/a menor na dita excursión.

A aceptación e formalización da praza no campamento supón que o/a menor debe participar na totalidade das actividades que se leven a cabo, tanto dentro como fóra da instalación, atendendo á programación do campamento.

  • CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes deben comprometerse a cumpriren unha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado. Este documento terá que ser asinado e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.

Todos os documentos e formularios necesarios atópanse na web coruna.es/campamentos2025

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión